Pablocr1979’s Weblog


Xa estamos no 2009?
Marzo 8, 2009, 11:04 pm
Archivado en: Actualidade

Bueno, despois de tirarme 4 meses contando ovellas para mín mesmo, comezo esta semana a soltar todo o que se me acumulou na cachola durante a miña ausencia. Outra vez Zeltia e Mar e Lúa as que me sacaron do meu descanso (case eterno),… un bico enorme para ámbalas dúas! E pa os demáis tamén, aínda que non tan jrande! :-)

dsc00064



Pasopalabra
Octubre 21, 2008, 9:05 am
Archivado en: Humor

Esta semana non teño tempo para nada… asi que polo menos vamos a botarnos unhas risas.

Un saudiño!



Celibato
Octubre 14, 2008, 3:44 pm
Archivado en: Actualidade, Música, Relixion

- “Hai trinta anos vivíase moito mellor. E había crisis cada mes, e cada ano se me apuras. Pero crisis das boas, non coma estas de hoxe en día que desfán un país, lévanse catro empresas das jrandes por diante e acabouse a crisis. Mecajondiola, daquela estábamos a pan e auja día si e día tamén. E hoxe que?, tanta crisis e tanta merda e aínda hoxe vin ó fillo de Pepe cun coche novo… e non era da empresa, lamarmencienda!!

- “Non cho sei papá, eu aínda non nacera”, dijo eu cada vez que o meu pai me ven cunha das súas leccións correspondente ó máster “Voltemos ó pasado”; máster no que eu non me matriculei, veume xa incluido no lote “papá e mamá educan”… jratis, iso si.

E a verdade que razón non lle falta ó meu pai. Bueno, máis ben pérdea coas formas; os pobres santos deben de estar de merda ata as orellas, e a mar salada, dios, a virxen, e tódalas cousas, animadas ou inanimadas, nas que se caja cada día.

En parte estou a favor de volver ó pasado por unha simple razón; a ignorancia. Polo que me contan os meus pais, antes naide sabía máis aló do que pasaba non propio pobo. Todo ía de boca en boca e non todo o mundo tiña acceso ós medios de comunicación. A naide lle importaba unha merda o que pasaba en África, en América do Sur ou quenes eran os espabilados de turno que loitaban por ser presidentes nos Estados Unidos. Máis que nada porque case naide tiña unha imaxe na súa cachola de estes lares para relacionalos coa súa realidade. De feito, pasei dez días da miña vida desta guisa, sen enterarme de nada do que pasaba no mundo. Non, non estiven en coma, nin na cárcere nin me fun de monasterio en monasterio en busca de orxías. Foi facendo o camiño de Santiago dende Ponferrada. Dez días acompañado por unha tenda de campaña, un mochilón e tres amigos. Dez días recorrendo os montes e aldeas da miña terra, sen periódicos, sen televisión, sen internet, sen teléfonos móviles,… totalmente aillados. E non morremos!!! É máis, pajo por volver a facelo, a pesar da monxiña filla de puta que me atopei ó chejar á catedral de Santiago e me deu un diploma escrito en castelán en vez de en latín, porque eu dixen que fixen o camiño sen nengún motivo relixioso…. xa mas pajarás, porca fascista, quedeime coa túa cara!

Todos estos novos aparellos son unha fonte de entretemento inagotable, pero tamén é verdade que nos están collendo presos a todos pouco a pouco.

Merda oh!! Que necesidade teño eu de saber que unha muller en Inglaterra bótalle a culpa da súa lonxevidade ó celibato? 105 anos leva a pobre nacha sen darlle de comer á parrocha… alma cándida!! Foi o primeiro que vin hoxe ó abrir o condeado do explorador de internet. E xa lle vale á señoriña esta… anda que… Un apunte de nada para ti, inglesiña resabida, dende o meu humilde blogue; se chejaches a vella, bueno eu diría a moi vella, foi pola mezcla de moitos factores que cho permitiron, non por non manter relacións sexuais. Senón xa me dirás ti como é que os curas e as monxas non viven todos máis de cen anos? Bueno, tes razón, eses minten máis que falan e o que teñen eles de virxes téñoo eu de conservador, nadiña! Aínda así, Mrs. Meadmore, como diría o meu pai, non quero nin saber o que terás no medio das pernas!!

Estaba eu pensando… cal é a mellor canción do rock español de tódolos tempos (bueno, dos tempos que eu coñezo, claro)? Pero non poido elexir…. axúdasme???



Mortes evitables
Octubre 6, 2008, 6:37 pm
Archivado en: Relatos

Anxo sempre empezaba a leer o periódico pola última páxina. El decía que nas primeiras viñan sempre as mesmas noticias: países con problemas, xente con problemas, o mundo en problemas,… e iso non lle gustaba nada. Como bon atleta, Anxo escapaba dos problemas sen reparo nengún… “Iso para quen queira solucionalo”, pensaba sempre para si mesmo.

Alí, recostado no seu sofá preferido ó carón da chimenea, Anxo sentíase seguro. Co seu café na mesiña da sala e o periódico sobre as súas pernas esperaba a que o resto da familia se unira a el e disfrutar así de outra tardiña na casa cos seus. Pero Anxo non estaba so; o seu fillo maior, Xurxo, levaba xa un par de semáns encerrado na súa habitación. Sentíase un pouco baixo de ánimos, como soía decir despreocupado Anxo, e os médicos aconselláranlle tomarse o seu tempo, descansar, desconectar de calquera fonte de presión que puidese empeora-la súa depresión.

Anxo, berrando dende a sala, prejuntáballe ó seu fillo se quería merendar. Despois de dous intentos sen resposta algunha, colleu unha bandexa e puxo un café con leite e dúas magdalenas acompañados dun zume de laranxa, pura vitamina para levantarlle o ánimo ó seu fillo. Subiu as escaleiras ó mesmo tempo que volvía a berrar o nome do seu neno, pero seguía sen obter nengunha contestación. Cando chegou á habitación, a bandexa coa merenda fóiselle das mans coma se a forza da gravidade se multiplicase por mil. O seu fillo estaba tumbado no chan, inmóvil, cos seus ollos azuis abertos mirando fixamente a lámpara de cristal que dominaba o centro do teito da habitación. Automaticamente Anxo caeu de rodillas ó seu carón, tomoulle o pulso e comezou a sentir algo raro no seu peito, coma se os seus pulmóns, en lugar de encherse de aire estábanse a encher de chumbo. O seu fillo estaba morto. Sobre a cama había unha caixa de pastillas baleira e unha botella de auga mineral. Sobre a mesilla unha folla de libreta que poñía “ós meus pais”. Anxo colleu a folla e, cos seus ollos chorosos, comezou a leer:

“Supoño que non vos esperábades que algo así sucedese. Sempre pensáchedes que eu era un rapaz de 19 anos normal e corrente, sen problemas e cheo de alegría. A verdade é que nunca foi así. Sempre me sentín diferente, un bicho raro. Nunca me sentín cómodo neste mundo no que me tocou vivir. Moitas veces quixen facer calar ó meu corazón e guiarme polo instinto natural, como o chamades vosoutros, xa sabedes, buscar unha parella e formar unha familia… dichoso instinto e dichosa natureza. Aínda que vos pareza mentira, iso foime comendo por dentro pouco a pouco ata chegar a este punto no que me atopades. Supoño que para vosoutros foi sempre moi doado. Nunca nada nen naide cuestionou ós vosos sentimentos, nunca unha mirada ou unhas palabras vos fixeron sentir culpables dos vosos actos quitándovos horas de sono, nunca vos víchedes obligados a ver á persoa que amábades a escondidas, a querela no silencio e na oscuridade. Nunca naide vos mirou mal por coller da man á vosa parella en público e nunca as vosas parellas rexeitaron os vosos cariños por medo a ser descubertos e condeados. Nunca os vosos compañeiros de instituto ou do traballo vos deron palizas por non pensar como eles, palizas que feriron máis ó meu corazón e ó meu orgullo que ós meus propios osos. Nunca vos chamaron dexenerados ou desviados, simplemente por non gustarvos o mesmo que á maioría. Nunca os vosos pais tentaron sacarvos ideas da cabeza, ideas que non fan mal a naide, ideas que todo o “mundo normal e perfecto” no que vivides rechaza sen nengún tipo de explicación racional… “vai contra a natureza”, decides ben orgullosos da vosa condición, dende o pedestal de sabiduría e a verdade única.

Eu non quería facer mal a naide. Simplemente tentaba ser feliz coa persoa que eu amaba. Porque ó final todos somos o mesmo, simplemente iso, persoas. Eu sempre respetei as vosas costumes, os vosos ideais… por que non fun eu respetado do mesmo xeito?. Pensábades que a min non me remexían as tripas os vosos “momentos cariñosos” no sofá?, do mesmo modo que me remexían as tripas os vosos comentarios ferintes facendo referencia ó desviado de turno que amosaban na televisión como “persoa a evitar”. Eu fun dende sempre esa persoa a evitar. Pero xa non me terán que evitar máis. Vosoutros tampouco. Espero que con isto, polo menos, o meu irmán pequeno teña o voso apoio en caso de ser el tamén un desviado.

Aínda así sempre vos quixen. Un bico grande a papá Anxo e papá Xulio, tamén para mamá Rosa e mamá Pilar.

Xurxo.”

Anxo saiu da habitación a fume de carozo, baixou as escaleiras de tres en tres, abriu a porta e, choranzo furiosamente, chegou á casa do lado. Era a casa de Rosa e Pilar, na que tamén se atopaba Xulio neses intres recén chegado do traballo. Abriu a porta do salón e os tres dirixiron a súa mirada cara Anxo, sorprendidos e asustados. Xulio, que sempre tentaba poñer orde no caos, preguntou:

- “Que pasa home, cal é o problema?”, abrazando a Anxo e dándolle un bico nos beizos.

- “Era heterosexual, Xulio, Xurxo era heterosexual!!!”, dixo Anxo amosandolle ó seu home a folla da libreta na que o seu fillo deixara a súa despedida escrita.

Para os que non coñezades esta canción, ahí vai. “El que quiera entender, que entienda”, El mago de Oz.



O último día
Septiembre 29, 2008, 6:41 pm
Archivado en: Actualidade, Curiosidades

Chegoume o pasado venres unha invitación por parte do Raposo para contestar unha serie de preguntas relacionadas cos meu desexos en caso de que o meu último día neste merda de planeta chegase.

Como ben sendo habitual nas últimas semáns, escribo no blogue en luns… que queredes?, comecei xa o curso na universidade, teño máis traballo que nunca (dixen xa que a miña compañeira é una puta mala pécora?) e a mudanza (despois de dous meses) aínda me toca o carallo día si e día tamén. Nin sequera teño tempo de xogar ó xadrez, xa casi non diferencio a dama dun peón, e iso é perigoso, cajondios!

Ó conto. No último día da miña existencia gustaríame facer moitas cousas, pero ó dispor soamente de 24 horas (5 das cales pasaría durmindo, é dicir que me quedarían 19), o asunto estaría jodido e non me quedaría outra que escoller unhas poucas. Iso si, levantaríame da cama ben cedo, a iso das cinco da mañá, e o primeiriño que faría (coma case cada home no universo enteiro, non sei as mulleres) sería ir cara o baño, cunha man remexendo no pelo e a outra acomodándome o pixana na entreperna; si señor!, ó contrario do que pensan a maioría das muleres, os homes non nos rascamos os collós ou o cú, simplemente acomodámo-las roupas ó corpo, que é diferente. Unha vez no baño, pois unha mexadica mañaneira (tamén no manual de intruccións de cada home… e medios homes tamén), un feixe de auja fría na cara e un bo cepillado de dentes. Despois do primeiro café do día, xa son persoa suficiente como para escoller as miñas últimas cousas.

Que canción che gustaría escoitar? Despois de chorar durante uns cinco minutos coma un desjraciado, xa que o meu último día de vida ben merece unhas lajrimiñas, poñería música, como cada día. Iso si, sempre positivo e alegre, e que mellor que “I will survive” de Hermes House Band. Despois de escoitar a canción unhas 154 veces e coas pilas ben carjadas….

A que libro lle botarías un ollo? Pois teño dous libros enriba da mesilla a medio leer, un de introducción ó Poker e outro sobre Psicoloxía diferencial. A putada sería que tendo tan pouco tempo, non me daría nin para acabar un deles, así que deixaríaos a medio leer. Así que collería aljún libro autobiográfico, sobre María Teresa Campos e os paspáns que a rodean ou aljún destes frikies, botaríalle un ollo (ou medio sería suficiente), reiríame e meteríalle lume co mechero. Aló irían a lo menos 30 euros… pero eu quedaríame ben desafogado e seguiría a miña carreira de soriso e positivismo para…

Con quen che gustaría falar? … colle-lo teléfono e falar coa miña nai e coa miña avoa. Se fose creente pois escollería falar con deus e, mirándoo fixamente ós ollos prejuntaríalle: -A ver, fillo de puta, 6 billóns de persoas no planeta e teño que ser eu ó que lle quede un so día de vida para facer todas estas cousas?, por certo, ti sabes a de xente que hai ahí abaixo enriquecéndose co teu nome?, ti non coñeces o que se denomina como “dereitos de autor”, paspán?. Pero como non son creente pois gustaríame falar coa mña nai e coa súa nai, é dicir a miña avoa. Cos seus disques, dimes e diretes, discusións absurdas e másters en janchillo e calceta… seguiría coa miña felicidade ó estar coas duas mulleres que máis quero. E xa de paso…

Que che gustaría comer? … pediríalle á miña avoa que fixera unha boa pota de callos, co seu choriciño, o touciño, os jarabanzos (como di ela)… Uffff, como aljún día me atope co Ferrán Adriá ese pola calle, collereino por unha orella e levareino xunto a miña avoa. Despois da ración de zapatillazos que lambería, daríalle de comer os seus callos e ahí chegaría o fin do que denominan “cocina sofisticada”…. Nadiña como os callos da señora Paca.

Que farías e que che queda pendente por facer? Aquí tería eu o problema máis grande. Quédanme moitísimas cousas por facer, pero tres sobresaen por encima das demáis: ir a Las Vegas e xogar un torneo de Poker, viaxar a Australia e pasar un mes recorrendo ese maravilloso pais, e participar nunha orxía. Obviamente nun so día non da tempo a xogar un torneo de Poker en Las Vegas, e moito menos viaxar a Australia, xa que soamente a viaxe en avión son 21 horas. Así que está claro o que faría… participar nunha orxía. É algo que farei antes de morrer, non porque sexa un pervertido e dexenerado, que un pouco tamén, senón porque me apetece probalo. Apetéceme descubrir se de verdade tería un placer indescriptible participando nunha cousa destas ou polo contrario a miña experiencia sería un continuo vómitar, provocando así placer noutros (oes, hai xente para todo!). Máis ben penso que sería a primeira, pero do dito ó feito… xa se sabe.

Así pois, o meu último día sería completiño e, resumindo, pasaría a ser un día máis na miña vida normal… boa música, boa compañía, boa comida e bo sexo. Sencillo coma min mesmo!

Gustaríame que os seguintes individuos e individuas responderan tamén a estas preguntas: Ninsesabe, Noa, Veca, Mar e Lúa e David.



O que hai que ver
Septiembre 23, 2008, 4:47 pm
Archivado en: Actualidade, Curiosidades

E agora un “click” aquí e outro acolá e xa está, outra peli máis para a miña colección. E ademáis, cun programiña extra, poido poñerlle subtítulos en holandés, inglés e español… isto de ter amijos repartidos polo mundo adiante dispostos a compartir tódalas súas cousas contigo non ten prezo. Eu non estou moi a favor da piratería de “manta”. Esa xente que se adica a facer copias e copias dun producto que non é seu e a vendelas, sacando así un beneficio do traballo dos demáis. Iso paréceme un roubo, o mesmiño que alguén que entra nun bar e, a punta de pistola, quítalle os cartos ó dono. Moi mal!, para o ceo de cabeza condeados!

En cambio, se un “amigo” de Australia (ou da India ou do Brasil) quere compartir a súa última adquisición conmigo… que mal fai? É coma se decide enviarme unha película por correo polo meu cumpleanos, non hai pecado ningún, non si? A diferencia está que en vez de facer un paquete, co seu papel de rejalo e laciño incluidos, e envialo por correos e ter que esperar días e días, fai un archivo informático e telo na túa casa en cuestión de horas… alabamos a Utorrent, amén!!! Tamén hei de dicir que se a película me gusta moito acabo comprando a orixinal.

Eu non sei como andan as cousas por España agora mesmo con respecto ós precios, pero aquí en Holanda alquilar unha película no video club costa 4 euriños de nada e ir ó cine 10 (sen contar as palomitas e a cocacola). E a unha persoa que, como media, ve cinco películas á semán, coma min, pois isto váiselle fora do presuposto pero por moito.

E non me veñades con iso de “podes ver a televisión”. JA! Xa hai tempo que deixei de ver televisión. Teño que recoñecer que hai anos, nos seus comenzos, o Gran Hermano ese justábame… máis ben a idea. Pero cando iso comezou a ser unha avalancha de insultos, ameazas, cajarse na nai de tódolos demáis, enseñar tetas e cus,… pois deixou de interesarme. A partir de tremendo éxito de audiencia tódolos demáis programas seguiron o exemplo. E claro, non che hai moitas opcións e os poucos programas que merecían a pena pasaron a ser protagonistas das madrujadas. Total, que ou deixas de ver a tele ou deixas o teu traballo. Eu optei pola primeira opción. Sen embargo, o xoves pasado, nun momento de aburrimento e ajonía, tireime no sofá e puxen a televisión. Como era de esperar non atopei nada do meu justo, así que fun cambiando de cadea en cadea. Así foi como descubrín o que eu denomino “límite razoable”. Aparecía un rapaz de pé diante dun espello e unha muller maior ajarrándoo pola cintura, guiándoo nun movemento de cadeira que acojonaba con so velo, e decíndolle que tiña que controlar a respiración ó mesmo tempo. Aquí a proba:

Resulta que o nome do programa é “school virgin” (escola para vírxes) e ofrécese a todas aquelas persoas ás que se lles pasou o arroz. Esta “escola” está en Amsterdam e, supostamente, imparte cursillos para que estas persoas recuperen un pouco a autoestima co fin de mollar o churro. A ver, a idea en si non me parece mala e, se alguén cree que necesita axuda para así superar os seus medos pois cojonudo. pero de ahí a poñelo na televisión e que apareza unha muller aberta de pernas enfrente do nacho amosándolle cada parte da parrocha…. xa hai que ter os collós ben jrandes.

E o nacho repetindo unha e outra vez: “eu o que quero é convertirme nun home”… A ver, alma cándida, que unha vez que enchufas, bombeas e descarjas segues a se-lo mesmo paspán que eras antes. Nin che vai cambiar a voz, nin terás máis ofertas de traballo, nin te sentirás diferente, nin serás máis home, nin terás máis pelos nos juevos… nadiña, o mesmo que eras antes.

Eu prejúntome que será o seguinte. Ó millor encerrar nunha casa a doce enfermos terminais e esperar a que aljún deles a casque dentro? e xa de paso alentar ó público pedíndolle que manden mensaxes sms para decidir a cal deles se lle fará a eutanasia como premio gordo do programa? A min xa non me sorprendería.

Pero bueno, a culpa non é das televisións e dos directivos. Eles simplemente dan á xente o que esta demanda. E así seguiremos…



Pum!!!
Septiembre 16, 2008, 7:12 pm
Archivado en: Relatos

- E vai e non se levanta… será puta!

O señor Antón abandonou a habitación. Farto xa de tanta tontería, coa batería da paciencia baleira e coa cara vermella enfurecida pola frustración do momento, abriu a porta da calle e baixou ó bar do porto, no que polo menos atoparía a amarga compañía duns cantos vasos de viño. A súa dona ficou na cama, como morta, inexpresiva, pensando en que podería estar facendo mal para provocar tal reacción no seu home.

Non era a primeira vez que lle pasaba. Dende había uns meses Daniel, o dono do bar, podía sentir algo raro no señor Antón. Notábao un pouco alterado, afogando as súas penas no viño barato que soía beber. En certas ocasións ficaba na esquina da barra sen cruzar palabra con naide, coa mirada afojada no clarete que enchía o seu vaso, ata á hora do peche.

- Veña Antón, que xa van sendo horas-, soíalle dicir Daniel. Dous segundos despois de que o señor Antón saía pola porta, Daniel vixiaba o andar do vello. Un andar tranquilo e inseguro que o guiaba costa arriba cara a súa casa, coas mans nos petos da cazadora de coiro de imitación e a cabeza mirando ó chan húmido da madrugada.

Antón e a súa dona tiñan unha filla: Ana. Ela era o que Antón máis quería no mundo. Sabía que a súa filla fora testigo indirecto do que aquela noite pasara na súa habitación e aquilo estaba a comerlle as entrañas. Sempre se esforzou pola súa familia, fixo todo polas súas nenas, como el soía chamarlles.

Cando chegou á súa casa e puxo a man no xeado pomo da porta, dubidou. De súpeto, unha luz no pasillo e unha man no outro lado da porta sacárono do seu pensamento: era Ana.

- Pero papá, de onde ves a estas horas? tíñasme moi preocupada!

- Non cho sei, nena, non cho sei…- murmuraba Antón coa voz miúda.

Os olliños de Ana, unha nena feita muller á forza, viaxaron polo corpo do seu pai deténdose na expresión da súa cara e preguntándose quen era aquel home, aquela persoa tan diferente, tan cambiada dende facía uns meses. Ana viu como o seu pai entrou na casa e deixou caer a cazadora ó carón do sofá, sen ganas, e subía as escaleiras amodiño, unha a unha, apoiándose coa súa man esquerda na parede.

Ó chegar á súa habitación atopouse coa súa dona, tirada na cama tal e como a deixara facía dúas horas. Ela, cos seus ollos humedecidos polo sono e pola impotencia, apartou as sábanas cos seus braciños facendo sitio para o seu home. Antón, totalmente avergonzado, deixouse caer na cama e sentiu como o corpo quente da súa muller buscaba o seu, como querendo facer as paces, como decíndolle que o perdoaba. Ela xa non sabía o que facer. Aquilo era ben diferente ó que veía case cada tarde na televisión. Estáballe a pasar a ela e todos aqueles testimonios dos que tantas veces falaba coas amigas non lle valían de nada.

- Non sei o que me pasou, Carmen. Xa sabes que eu non son así.

-Tranquilo, mañá falamos, agora tenta durmir un pouco.

- Non volverá a pasar, prométocho,- dixo Antón rompendo a chorar coma un neno pequeno.

Carmen apoiou a súa cabeza no peito frío do seu home, pasou un brazo por riba da súa barriga e apretouno coma querendo fundirse con el.

- Xa sei que non é a primeira vez, pero vou solucionar isto, non volverá a pasar- dixo Antón, que ata el sabía que o que estaba a dicir ía caer en saco roto.

Carmen escoitara aquilo tantas veces… palabras perdidas no infinito da oscuridade.

Dous meses máis tarde a cousa era ben distinta. Tanto Ramón como a súa dona parecían dez anos máis novos. Ana propúxose axudar ó seu pai. Xa non tería que interrumpir a súa lectura noite tras noite, xa non vería a tristeza nos ollos mañanceiros da súa nai e o fantasma con aroma de viño e frustración deixou o corpo do seu pai en busca da seguinte víctima, dando paso de novo a ese home extrovertido e cheo de vida que tanto disfrutara Ana todos aqueles anos atráis. Bastou coller ó seu pai polo brazo, quitarlle a vergoña cun par de xarras de auga ben fría e levalo ó médico. Un mes de probas e unha receta solucionaron o problema.

- Condenada, por que non te coñecín antes?- preguntábase Ramón cunha sonrisiña pícara na cara.



Acelerando
Septiembre 9, 2008, 6:29 pm
Archivado en: Actualidade

Para min, que dende que me saíron os primeiros dentes xa tiña claro que as ciencias non eran o meu, resúltame moi complicado entender certas cousas. E ademáis de complicado, resúltame dun interés nulo. Si, xa sei que moitos experimentos científicos teñen uns resultados que axudan a mellorar a nosa calidade de vida ou a comprender mellor todo o que nos rodea. Pero aínda así, non lle vexo a jracia.

Sempre tiven problemas para entender según que cousas relacionadas coas ciencias. Se iso prejuntádelle a miña amija María, matemática brillante, coa que me fartei a discutir sobre a estadística. E aínda despóis de aprobar dúas asignaturas de estadística na carreira (o que me costou moitas lájrimas, todo hai que dicilo), aínda non lle vexo a importancia que se lle da a esta ciencia tan… inexacta (María, non te me enfades que xa me coñeces ben)

 

Eu sempre me preguntéi cal será o motivo polo que aljunhas institucións jastan cartos e máis cartos en facer experimentos ou investigacións que, a simple vista, non van a mellorar nada. Botádelle un ollo a esta páxina e xa me contaredes se isto é suficientemente interesante como para jastarse os euros así “a lo tonto”: por que os paxaros carpinteiros non teñen dor de cabeza?, por que a xente odia o ruido que fan as uñas ó rozarse cunha pizarra?, por que cando partes un espagueti seco rómpese en máis de dous pedazos?, e o máis interesante…. como acabar co hipo incurable mediante masaxe dactilar rectal (investigadores da vacuna contra o Sida amarrade os machos). Así que xa sabedes, se vedes a alguén pola calle cun ataque de hipo, preparade ben un dediño e a meterllo polo cú… o problema terédelo se vos atopades con aljún machito ibérico tipo Luis Aragonés, que non lle cabe nin o pelo do bijote dunha gamba (ou iso di el, que habería que verificar ese dato), e, ademáis de curarlle o hipo, acabades de paso coa súa masculinidade, e deixa de ser un macho cabrío pola vosa culpa. Nese caso eu deixaríao tranquiliño co seu hipo…, eu non dormiría en paz sabendo que, pola miña culpa, a raza de macho ibérico estaría en peligro de extinción… pobrinhos!.

Tampouco vou negar que aljúns experimentos ou investigacións son realmente interesantes, como por exemplo para curar enfermedades. Agora si, vólveme a ferver o fíjado leendo a  noticia de hoxe. Ó parecer van a estrenar mañá unha maquiniña de esas para acelerar partículas (xa non lles vale xojar coa Gameboy). Eu non entendo nada de todo isto. Se me atopo a un nejrico e comeza a berrarme pola calle en suajili (ou como carallo se escriba) aínda entendo máis que a un nacho con bata blanca falándome de partículas, aceleradores e átomos… Pero o mesmo tempo que leía a noticia, véuseme á cachola un documental que vin non hai moito, que falaba sobre catro causas distintas da desaparición da humanidade: creo recordar que eran un virus biolóxico deses, o cambio climático (por suposto), unha chuvia de meteoritos e un buraco negro causado por un acelerador de partículas… eh, iso sóname! Eu non quero ser alarmista, pero apoio 100% á xente que intentou parar esta invertigación… xa sabedes iso de máis vale prevenir que curar, ou home precavido vale por dous. Disque queren similar a creación do universo… pero por que non iran tomar polo cú? que e máis divertido! Que janas de xogar a ser deus e a manipulalo todo… mira ti que mal lles farían as particulas estas para empezar a darlles aceleróns e tocarlles o carallo, que xa me imaxino á pobre partícula, sendo zorrejada por vai ti a saber que, pensando “ya viene el guapito este de la bata blanca a tocarme el chumino, como me acelere de verdad te va a sobrar un poco de ropa, cabrón”. E é que como se cabreen de verdade mándannos a todos a un mundo mellor, e despóis a chorar. Fillos de puta. 

 

Aquí en Amsterdam non temos o Gadis, ou o Día, nin sequera temos Alcampo, pero haiche outros sitios onde comprar cousas. Así que vou ajarrar dúas bolsas da compra e enchelas con pan e auja, polo menos sobrevivirei un par de semáns, se é que o buraco negro ese non decide trajarme antes.

A cancionciña do día… xa vos aviso que é moi de música gay (bueno, o cantante é o máis maricón que vin dende que apareceu o gordiño de martes e 13 cantando “soy maricón de España”, nun especial de noite vella) que lle chaman aljúns, dos oitenta, así que o mellor é que os machos non a escoitedes.



Claaaaaaaro
Septiembre 5, 2008, 7:00 pm
Archivado en: Actualidade, Sexo

Hoxe dinme conta de varias cousas. A miña capacidade de observación levaba uns días de folga, pero hoxe despertou de súpeto, recuperando o tempo perdido e captando todo o que estos días pasados pasou de captar, nos que sufrín un estado de coma observacional.

Hoxe dinme conta que a vida sexual do xefe do departamento de distribución da miña empresa é nula, cero, nada, nul,… nin sequera practica a autosatisfacción (que tanto nos axuda en momentos determinados). Non son capaz de atopar outra explicación ó seu comportamento, o que definiría como fillo de puta maior do reino. Hoxe, así sen máis, botou a tres traballadores. E acabou a berros, despois de empezar o día da mesma forma, abatindo dous ordenadores ó chan e casi zoupándolle a un dos seus supervisores. Dame a min que o luns xa non andará por alí… ou si, nunca se sabe. O caso é que a muller debe de andar ben contenta… se non ten un amante estará a punto de suicidarse, como pouco. Estiven a punto de decirlle que fora ó lavabo e se fixera unha palla, pero vin demasiado risco para a miña persoa. Simplemente boteime a un lado e deixeino pasar, non vaia ser que a miña actividade sexual desapareza xunto coa miña vida enteira. Quita quita!

 

Hoxe tamén me percatei de que aínda que pertenzas a un grupo conservador, defendas os valores da familia cristiana, critiques ós homosexuas por promiscuos e dexenerados, penses que eres un exemplo a seguir para o home heterosexual, blanco, casto e puro, e presumas de ter unha familia feliz, podes ter un desliz. Así lle pasou a o bigotiños do PP, aínda que el renega dos feitos, que disque deixou preñada a unha ministra francesa. Que pode ser que si, pode ser que non, pode ser que choiva, pode ser que non, quen o sabe… pero en caso de ser certo… señora ministra, vaia estómajo que tes!! A señora esta, sen ánimo de ofender, debe ter tendencias zoofílicas, porque isto de quedarse preñada dun ser vivo mezcla entre porco e chimpancé non che vos ten moito xeito.  Non me quero imaxinar que vai sair desa barrija… espero que para ese entonces xa teñan a lei de aborto reformada, polo seu ben…  ufff, outra caña por favor!

E xa de paso cain na conta de que a xente anda un pouco enferma hoxe en día… ou senón enferma, quente de máis, que pa o caso é o mesmo. Teño un compañeiro italiano que, xa dende o primeiro día, se ofreceu amablemente a facerme un traballiño oral na miña entreperna, así falando coma os finos. A min non me fixo moita jracia, e tamén amablemente rexeitei a oferta. É unha boa persoa, e un compañeiro do máis formal e agradable, pero digamos que para ese tipos de traballiños pois non me vai. Pois a principios de esta semán andaba el que botaba fume polas orellas, e encheu o meu buzón de email do traballo con proposicións sexuais varias, incluida a opción de ir ó baño e alí facerme o que eu quixera. Eu non o tiven en conta e volvín a rexeitar a oferta (esta era de 2×1), agora se o nacho non me caera ben poderíalle caer un puro ben jrande (e non me refiro ó meu puro precisamente). Paréceme incrible correr o risco de perder o teu traballo por unha mamada. Así que xa sabedes, vade amodo no traballo, que eses líos de faldas non pasan so nas películas.

P.D. Eu teño que acabar xa a carreira de psicoloxía e comezar a amañar na xente porque así non vamos a ninjunha parte. Pero tamén estou dacordo con vos, primeiro amañareime a min mesmo!!

Bon fin de semán!!!

Aquí vos deixo un vídeo dun grupo asturiano chamado “Los berrones”, que soaban aló polo principio dos noventa. O vídeo está montado, con orixinalidade e humor, por un grupo de rapaces ós que non teño o justo de coñecer, pero co seu permiso póñoo no meu blogue.



Invasión amarilla
Septiembre 2, 2008, 6:19 pm
Archivado en: Humor, Soñando

Non sei vosoutros pero eu, despois dos xogos olímpicos celebrados en Pekín (sí, iso queda aló por China), teño a sensación de que todo é chino neste mundo. Eles leváronse un feixe de medallas, moitas máis que calquera outro país. Tamén fixeron una ceremonia de apertura que acojonou ó persoal, e estou por apostar un collón vaso de viño a que ata eles mesmos se acojonaron. Asombraron ó mundo enteiro coa súa capacidade orjanizativa, maior incluso que a dos cataláns cando Barcelona´92, que xa é dicir. Incluso fixeron trampas, imitando ó resto do mundo, e quixéronnos dar jato por lebre mandando ó escenario a unha chinica cantando en play-back porque era máis juapiña que a cantante de verdade… o que hai que ver. Tamén deron mostras de ser educados e comprometidos coa causa, coma na mellor das dictaduras, pasando así moitos deles un ano e pico sen traballar, adicándose día e noite a preparar tódalas actuacións das ceremonias, tanto de apertura coma de clausura.

E claro, sendo os chinos tan especiais e tan juapos e tan de todo, e tendo en conta que son máis de mil millóns esparcidos polo globo adiante (que xa son!!), dame a min na cachola que todos vimos de alí, da China. Buscando nas nosas árbores xenealóxicas, deberíamos de ser capaces de atopar, aínda que tivéramos que viaxar 2000 anos no tempo, aljún chino ou china que nos indique os inicios da nosa familia. E se non facede a proba. Eu fíxena, e non so atopei ós meus antepasados chinos, senón que tamén descubrín que fun chino ata fai ben pouquiño, e aquí os documentos que demostran que o que dijo non é nengunha mentira:

Aquí estou eu cando tiña 5 aniños, xa daquela tan espabilado

Aquí a miña primeira vez nun parque acuático, xa daquela apuntaba a tonto do cú.

Aquí xa un pouco maior cos meus amigos, que sendo do resto do mundo normalmente tes un jrupo de 10 amigos como moito, pero sendo chino pois o teu grupo multiplícase por 10, mirade as que montábamos.

E o último vídeo que teño proba do meu pasado chino é o seguinte, buscando o meu minutiño de fama na televisión, a ver se me distinguides (coleime nun projrama da televisión xaponesa, xa que en China, con isto da dictadura non tíñamos permitido facer certas cousas)

O que non sabía eu é que, despois do éxito de Michael Jackson mudando de pel e convertíndose en branco, os meus pais decidiron face-lo mesmo conmijo, xa que pensaron que tería moitas máis posibilidades no mundo occidental, levándome a un ciruxano e convertíndome nun blanquito máis. Iso sí, a min aínda non se me despeja o fuciño.